Nun recunchiño da fermosa Ría de Muros e Noia atópase o noso queridísimo Centro. Nel transcorren, de luns a venres, as máis variopintas historias protagonizadas polos nosos 30 Quijotes e as súas 10 fieis escudeiras.

Como nos podería ser doutro xeito, na “Terra do Cebolo”, contamos con una pequena hortiña que é o noso orgullo. Non todos estamos dispostos a traballala pero non perdemos ocasión para disfrutala!!!!!!

 

No CAPM de Outes orgullecémonos de ser una pequena gran familia moi integrada na nosa comunidade que conta xa con 12 aniños de vida, e os que nos quedan…os que proban non nos deixan e, o noso maior aval son aquelas familias que nos acompañan dende os nosos inicios, MOITAS GRAZAS, sodes os que nos impulsades a mellorar e crecer día a día.